Del desierto a la Luz

Del desierto a la Luz #96 — Jn 20, 19 – 23.


Listen Later

Desde la Diócesis de Tui-Vigo, a través de la Vicaría de Pastoral y la delegación de Medios de Comunicación Social, te proponemos este itinerario de espiritualidad para rezar con el Evangelio de cada día desde la Cuaresma hasta Pentecostés.

Reflexión escrita por el sacerdote diocesano Juan José González.

Música © Mingos Lorenzo.

_______________

Ao finalizar esta semana e con ela concluír a cincuentena Pascual, o centro de atención poñémolo no acontecemento de Pentecostés. A primeira comunidade recibe do seu Señor, como o prometerá, o mellor e máis grande don, o seu Espírito Santo. O mesmo Espírito que resucitou a Xesús é o que agora esperta e enche de vida á comunidade crente, e faina capaz dunha insospeitada valentía para a misión que ten encomendada.

A presenza do Espírito na comunidade é principio e garantía dun cambio radical. Dunha comunidade covarde a unha comunidade valente; dunha comunidade encerrada en sí mesma, a unha comunidade aberta a todos; dunha comunidade muda a unha comunidade evanxelizadora. O Espírito actúa así, enche por dentro e lanza cara a fóra.

A festa do Espírito é unha graza renovadora pola que Deus quere seguir transformando o mundo: transformándonos primeiro a nós para que sexamos os seus instrumentos no mundo e na nosa historia. Deixémonos, pois, encher do Espírito, é dicir, da súa novidade, da súa creatividade, do seu lume, do seu aire renovador, das súas ideas novas, das súas xanelas abertas.

Como fillos na familia de Deus, e do mesmo xeito que María e os Apóstolos, sintamos tamén hoxe a necesidade de reunirnos en oración para invocar ao Espírito Santo. Pero non coma un refuxio, senón para que nos faga capaces e dispoñibles – hoxe é a festa da Acción Católica e do Apostolado Segrar- para colaborar con corresponsabilidade na misión da Igrexa. Que a diversidade de formas e carismas, froito das riquezas do Espírito Santo, faga de nós testemuño de unidade en Cristo e da misión que nos encomenda: “que todos sexan un” para que crean e “crendo, teñan vida”. ¡Feliz festa do Espírito! ¡Feliz festa do Apostolado Segrar!

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Del desierto a la LuzBy Diocese Tui-Vigo