Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.
October 27, 2023Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - III Feira da CabazaIntenso traballo no edificio da praza da Inmaculada para decorar e preparar todo para a celebración este sábado e o domingo da III Feira da Cabaza. Exposicións, venda, obradoiros, demostracións culinarias... forman parte do programa previsto coma explicaba a concelleira de Comercio, Ana Núñez....more5minPlay
October 27, 2023Ent. Inacio Vilariño de Fantoches Baj - Pedro e o Lobo no Teatro MunicipalInacio Vilariño é o director, e tamén actor-manipulador, de Fantoches Baj que hoxe ás 19.30 h presenta no Teatro Municipal de Tui "Pedro o lobo" para público infantil. Hoxe falounos do espectáculo no programa Día a Día....more5minPlay
October 27, 2023Ent. Águeda Ubeira de Chupipostres - Obradoiro infantil na III Feira da Cabaza de TuiÁgueda Ubeira de Chupipostres realizará o domingo ás 17 h na III Feira da Cabaza de Tui un obradoiro infantil para elaborar unha Mugcake de cabaza con chocolate, e trufas e bombóns variados tamén con cabaza. Así nolo contou hoxe en Día a Día. Para participar é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo ou en [email protected]....more6minPlay
October 27, 2023Ent. José Martínez Tato e Julio Solleiro - Suspendida a andaina solidaria co pobo saharauíDebido á previsión de choiva foi suspendida a andaina solidaria co pobo saharauí, que en principio se apraza para o próximo sábado 4 de novembro. Mañá estarán na praza da Inmacula da 9.30 a 10.30 h para as persoas que desexen recoller os cartos que aboaron, ou se queren facer un donativo. Así nolo contaron hoxe Julio Solleiro e José Martínez Tato....more4minPlay
October 26, 2023Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás da Banda Musica Popular de Tui - Certame Galego de BandasA Banda de Música Popular de Tui participa este sábado ás 17 h no XVI Certame Galego de Bandas ,no Pazo da Cultura de Narón. Competirán na terceira sección para agrupacións cun máximo de 50 músicos. Hoxe visitáronos Eloy Carrera, director da banda, e Manuel Madarnás, trompetista, explicando o repertorio que van interpretar neste concurso no que hai quince anos non participaba a banda tudense....more9minPlay
October 26, 2023Ent. Miguel Fernández de Scouts Alhoia - Magosto e Scape RoomDobre proposta a que presenta para este sábado o grupo Scouts Alhoia. A partir das 16 h celebrarán un magosto no local da Asociación de Veciños en Remuíños, e dende ás 21 h un Scape Room no Seminario Menor, na Corredoira. Deunos os detalles Miguel Fernández...more6minPlay
October 26, 2023Ent. Paola Giraldo e Inma López de Beldalde - Resturante recomendado pola Guía MichelínO restaurante Beldade de Tui vénse de incorporar aos establecementos recomendados pola Guía Michelín. Onte facíanse públicos os 17 establecementos que se incorporan á prestixiosa guía neste mes de outubro.O restaurante situado no Remesal é un proxecto de Paola Giraldo, Inma López e o tudense Isaac Míguez....more11minPlay
October 25, 2023Ent. Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada e especialista en toponimia - Charla ToponimízateTui ten rexistrados 506 topónimos na plataforma Galicia Nomeada. Mañá ás 20 h no Centro Cultural de Randufe, poderemos coñecer como aportar aqueles nomes que coñecemos do noso entorno e que non figuran na mesma, pero que forman parte do noso patrimonio inmaterial. Será coa charla que ofrecerá Vicente Feijo dentro da campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”. Con el falamos esta mañá....more11minPlay
October 25, 2023Ent. Rafael Estévez, Manuel Arca e Sara Luque - Campaña de Control de Resiudos AbandonadosO Concello de Tui ten en marcha unha campaña de control de residuos depositados fóra do seu lugar correspondente ou de xeito inadeucado. Mobles a carón de contedores, herba ou cartón no contedor verde, ou entullos na vía pública son algunhas das prácticas ás que se querer facer fronte con esta campaña. Estas acción poden ser sancionadas en función da súa gravidade. Así nolo contaron Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural, Manuel Arca, inspector da Policía Local, e Sara Luque, mestra composteira....more19minPlay
October 25, 2023Ent. Minerva Ojeda - Día de MortosHoxe no programa Día a Día coñecemos as tradicións ligadas ao Día de Mortos en México. Contounos coma xa dende o 28 de outubro comezan a pór o altar de mortos, celebrando a súa vida. Falou tamén do "pan de morto", e das celebracións que nas casas e nos camposantos teñen lugar o 1 e 2 de novembro....more15minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.