45 persoas entre persoal municipal, de clubs deportivos, policía local, protección civil, e establecementos de hostalería asistiron esta mañá na casa do concello de Tui, a unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar.
Ditas xornadas teñen lugar con motivo do Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar, que se celebra este domingo. Están organizadas pola Área Sanitaria de Vigo, cuxo xerente, Javier Puente, contounos a importancia destas xornadas formativas.