Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,299 episodes available.
August 01, 2022Ent. Samuel Diz, músico e organizador de Música no Claustro - Concerto 'Retratos de Muller'Falamos con Samuel Diz, organizador do festival Música no Claustro que esta edición volve a normalidade prepandemia no marco incomparable da Catedral de Tui. Alí abrirá hoxe o certame o noso convidado, que interpretará un repertorio chamado 'Retratos de Muller'....more13minPlay
August 01, 2022Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obradoiro dual senda do río FurniaO Concello de Tui presentou un obradoiro que formará a 20 alumnos e alumnas na senda do río Furnia. Amais, as obras na senda da marina á metralla espéranse para setembro....more9minPlay
August 01, 2022Ent. Iván Alonso, deportista tudense - Dobre medalla de prata no Europeo de Maratón en DinamarcaFalamos con Iván Alonso, un dos deportistas que abandeira Tui polo mundo. Á longa colección de medais e recoñecementos, esta pasada fin de semana sumou dúas pratas no K1 en distancia curta e longa no Campionato Europeo de Maratón, quedando a só un segundo do ouro que acadou o danés Pedersen. Con el promete reeditar batalla no Mundial en Ponte de Lima, que terá lugar en setembro....more13minPlay
July 29, 2022Ent. Laura Laudert - Clase maxistral de EuDanzaLaura Llauder impartirá este domingo na Abadía do Pelouro unha clase maxistral. Hoxe contounos en qué vai consistir. Non é preciso experiencia previa nin hai límite de idade para participar. Será co método EuDanza....more7minPlay
July 29, 2022Ent. Adrián Besada, organizador da 'Twister Jam' de Goián, Tomiño - Evento de skateboardEsta fin de semana o skatepark de Goián, en Tomiño, acollerá unha 'Twister Jam'. O evento de skateboard terá competición en dúas categorías, música en directo, restauración, tendas e cursos de iniciación ao monopatín. Adrián Besada, un dos organizadores, contounos todos os detalles....more10minPlay
July 29, 2022Ent. Carmen Caballedo da empresa Lugove - Conexión Tui-Praia AméricaMañá recupérase a conexión entre Tui e Praia América. O autobús sairá de Tui ás 12 h e a volta sairá de praia América ás 19 h. Así nolo contaba Carmen Caballedo da empresa Lugove, que presta o servizo....more5minPlay
July 28, 2022Ent. Samuel Diz e Santiago Vega - Música no Claustro 2022O próximo luns comeza a decimosexta edición do festival Música no Claustro 2022, e hoxe puidemos coñecer os detalles da man do seu director, Samuel Diz, e de Santiago Vega, o director do Museo Catedralicio....more12minPlay
July 28, 2022Ent. Marisa Giráldez e Javier Argüelles - Volta aos adestramentos do club Badminton TuiHoxe estiveron na nosa sintonía Marisa Giráldez e Javier Argüelles, do clube Badminton Tui para contarnos que retoman a actividade de adestramentos o próximo martes 2 de agosto, de 10 da mañá ás 13 horas. Serán os martes e xoves no instituto San Paio de Tui....more9minPlay
July 28, 2022Ent. Sara e Raquel Areal Martínez e Karla Martínez - Concerto “Volta ás Orixes”“Volta ás Orixes” é o título do concerto que ofrecerán as irmás violinistas tudenses Sara e Raquel Areal Martínez xunto á pianista Karla Martínez ofrecerán este venres ás 22:15h na praza de San Fernando. Ao longo dunha hora interpretarán as obras que as teñen acompañado ao longo da súa carreira musical. Así poderemos escoitar composición de Vivaldi, Falla ou Sarasate....more10minPlay
July 28, 2022Ent. Lino Martínez, policía local en Tui - Mundial de policías e bombeiros en RotterdamLino Martínez, policía local no concello de Tui, segue a acadar éxitos. Hai uns días voltou de Rotterdam, nos Países Baixos, onde colgou catro medallas máis para a súa particular colección no Mundial de policías e bombeiros....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,299 episodes available.