En breve sairá á luz un libro titulado "Mozart á Galega". Este proxecto chega mañá a Tui en forma de concerto, ás 13 h no claustro da Catedral, da man de Atlantic Mozart Flute Quartets. O cuarteto está formado por David García, violín; Ioana Ciobotaru, viola; Luís Soto, frauta traveseira; e Millán Abeledelo, violonchelo.
Luis Soto falounos hoxe deste proxecto.