Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.
May 06, 2022Ent. Marisa Giráldez, presidenta Bádminton Tui - I Torneo San TelmoMañá dende ás 9.30 h celébrase no pavillón do IES San Paio o I Torneo San Telmo de Bádminton, organizado polo Bádminton Tui. A súa presidenta, Marisa Giráldez, deunos hoxe todos os detalles....more4minPlay
May 06, 2022Ent. Nerea Barros, directora de Memoria - Play Doc 2022A sesión das 17.30 h de hoxe venres en Play Doc ábrese coa proxección de “MEMORIA” de Nerea Barros, unha curta de quince minutos que compite na sección Galicia. É a primeira peza de Nerea Barros coma directora e está dedicada aos seus avós. Este audiovisual lévanos a Urzbekistán coa historia dun avó, unha neta e un mar que xa non existe....more13minPlay
May 05, 2022Martín Pardo e Vela Álvarez alumnos e Enrique Profesor do Marcote - Especial Play Doc 2022No programa especial de Día a Día dende Play Doc hoxe estiveron connosco Martin Pardo e Vela Álvarez alumnos, e Enrique, profesor do Colexio Marcote, que asistiron esta mañá á proxección de "Europa"....more6minPlay
May 05, 2022Ent. Andres Goteira director Welcome To Ma Maison - Especial Play Doc 2022Entre os convidados que nos acompañaron esta mañá no especial Play Doc estivo Andrés Goteira que onte presentaba o seu primeiro documental “Welcome to Ma Maison”, que se proxectou onte á noite....more8minPlay
May 05, 2022Ent. Eloy Domínguez Serén, director - O imaxinario da fronteiraÁs 17.30 h proxéctase no Seminario Menor o resultado do obradoiro "O imaxinario da fronteira" no que veciños e veciñas de Tui retrataron o seu concepto de fronteira. Ao fronte do obradoiro estivo o director Eloy Domínguez Serén, quen hoxe no especial Play Doc nos contou coma foi esta experiencia....more5minPlay
May 05, 2022Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Especial Play Doc 2022Un festival con identidade e recoñecemento. Así se refería hoxe a Play Doc, Ángel Sánchez, codirector do festival. Falaba dun gran festival que precisaría de máis tranquilidade orzamentaria. Tamén se refería ao impacto económico que xera Play Doc máis aló do ámbito cultural e da proxección internacional que realiza de Tui. Daba conta tamén das viaxes que poderemos realizar a través das películas que se proxectan até o domingo....more16minPlay
May 05, 2022Ent. Sara García, codirectora de Play Doc - Especial Play Doc 2022Sara García, codirectora de Play Doc estivo hoxe no programa especial Día a Día que realizamos dende a sede do festival. Sara García falaba dos retos que afrontan cada ano, e da excelente programación que presentan neste 2022. Recomendaba especialmente a retrospectiva de Antonio Campos....more10minPlay
May 04, 2022Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Compostaxe,obras da biblioteca, área de autocaravanas...A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, estivo hoxe no programa Día a Día, onde abordou distintos asuntos da actualidade tomiñesa. Dende o bo índice de compostaxe que rexistran, ao estado das obras da futura biblioteca, ou o proxecto de áreas de autocaranvas entre outros....more24minPlay
May 04, 2022Ent. Cochi Mtnez. Aguilera, voceira Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tui -Balanzo da reunión do pasado lunsA Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui celebrou reunión informativa este luns. Hoxe a súa voceira, Conchi Martínez Aguilera, lamentaba a escasa participación rexistrada na mesma. Neste encontro informaron das accións realizadas e das que van levar a cabo.Lembraba amais a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o próximo xoves 12 de maio ás 20 h en Vigo....more13minPlay
May 03, 2022Ent. Alumnado do IES Indalecio Pérez e do IES de Castelo Branco -Intercambio EscolarEsta mañá visitáronnos alumnos e alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui e do IES de Castelo Branco que están a realizar un intercambio escolar. Contáronnos os obxectivos desta actividade e como está a ser a experiencia....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.