Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,165 episodes available.
June 15, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda maio e outrosCo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno ordinario do mes de maio. Tamén tratamos as obras previas da pasarela peonil do Louro e a senda do Miño, así coma outras actuacións nas que están traballando....more22minPlay
June 15, 2021Ent. Roberto Domínguez, tenente coronel da BRILAT - XX Concurso de PatrullasMañá ás 9 h sairá dende Tui a XX edición do concurso de patrullas organizado pola Brilat, que cumpre 55 anos. . Terán que realizaro Camiño de Santiago dende Tui a Compostela superando ao longo do percorrido distintas probas. Este ano participarán 10 patrullas, das que 9 son da Brilat e unha de Infantería de Mariña do Ferrol, coma explicaba esta mañá o tenente coronel da Brilat Roberto Domínguez....more9minPlay
June 14, 2021Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense - Presentación do libroMañá martes ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica terá lugar a presentación do libro “Breve historia de Tui” do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. Con el falábamos esta mañá sobre esta obra que realiza unha visión panorámica do devir histórico de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade....more12minPlay
June 14, 2021Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade - Concentración en Tui contra a violencia machistaÁs 12 h está convocada pola FEMP unha concentración silenciosa fronte á casa do concello contra a violencia machista, polos 41 nenos asasinados dende 2013 por esta causa e polas 1096 mulleres mortas dende 2003 por violencia de xénero. A concelleira de igualdade, Ana Núñez, convidaba esta mañá na nosa sintonía aos cidadáns tudenses a unirse a esta loita....more3minPlay
June 11, 2021Ent. Víctor, Sophie, Mara e Nina do CEIP nº1 - I Congreso ODS2030O CEIP nº1 de Tui celebra a próxima semana, de luns a venres, o I Congreso ODS2030, e o martes 15 a II Xornada Inclusiva. Hoxe Nina Méndez, Mara Solla, Sophie Pérez e Víctor Hermida, alumnas e alumno do centro deron conta destas actividades na nosa sintonía....more11minPlay
June 11, 2021Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda maioHoxe proseguimos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui para valorar o pleno do pasado mes de maio entrevistando ao voceiro do PP, José Ángel Fernández....more19minPlay
June 10, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Catedral, Plan Rexurbe, rotonda Guillarei, ...A segunda fase de rehabilitación da Catedral de Tui, o Plan Rexurbe, as obras de construción da rotonda de Guillarei ou a senda do Louro, foron algúns dos temas que hoxe abordamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more7minPlay
June 10, 2021Ent. Laureano Alonso, edil de Patrimonio e María Ferreirós, técnica da ARI - Plan RexurbeO concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreirós, lembraban hoxe as características do Plan Rexurbe. Até o 9 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para ofertar á Xunta vivendas no conxunto histórico de Tui para que proceda a súa compra. O IGVS destina a este fin 250 mil euros. Os inmobles que adquira serán rehabilitados e logo postos en alugueiro social....more12minPlay
June 09, 2021Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Verbena pilotoO sábado 19 de 21 a 23 h o torreiro de festas do Alivio acollerá unha das seis verbenas pilotos que se van levar a cabo. Poderán asistir 1000 persoas previa reserva en www.tomino.gal a partir de mañá xoves. Estará amenizada por La Oca Band.A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicaba os detalles desta verbena piloto na que contarán coa colaboración da Comisión de Festas do Alivio....more11minPlay
June 09, 2021Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda Pleno Maio 2021Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos estivo hoxe na nosa sintonía dentro da rolda que iniciamos hai uns días para valorar o pleno ordinario de maio, da corporación municipal de Tui....more23minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,165 episodes available.