Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,171 episodes available.
July 31, 2020Ent. Samuel Diz, dtor Música no Claustro - Primeiros concertosEn menos dunha hora esgotáronse as 60 entradas dispoñibles para o concerto de apertura do Festival Música no claustro. A cita será mañá sábado ás 21.30 h con Gonçalo Cordeiro e Samuel Diz Preciasmente con Samuel Diz falabamos dos primeiros concertos deste ano, para os que cómpre reserva previa o día anterior de 10 a 14 h no 621 358 118....more10minPlay
July 30, 2020Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Edición 2020Do 23 ao 27 de setembro Tui volverá concentrar as miradas do audiovisual coa celebración de Play Doc. Un festival que presenta unha edición adaptada as novas circunstancias, que amplía escenario e que brinda unha programación segura. Hoxe falamos con Ángel Sánchez, codirector do evento que se celebrará xa coa marca Rias Baixas Film Fest...more9minPlay
July 30, 2020300720 Inacio Vilariño de Fantoches Baj - Os romeiros do CaracolFantoches Baj - Inacio Vilariño e Carlos Quintá - presenta ás 21 h no Paseo da Corredoira "Os romeiros do Caracol". Un espectáculo de teatro de monicreques baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. As entradas poden reservarse até as 12 h enterticket.esForma parte da programación Volvemos á Rúa...more5minPlay
July 30, 2020Ent. Manuel Lopes, presidente da Cámara municipal de Valença - Rexistro viaxeiros da XuntaO rexistro habilitado pola Xunta para viaxeiros, no que se deben inscribir as persoas procedentes de Portugal, non sentou ben no Alto Minho coma explicaba Manuel Lopes, o presidente da Cámara de Valença. Tudenses e valencianos comparten unha rúa común, a vella Ponte Internacional, que en moitos casos transitan varias veces nun mesmo día....more7minPlay
July 30, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rexistro se imos a Portugal e pleno ordinarioOs tránsitos entre Galicia e Portugal deben ser comunicados ás autoridades sanitarias na web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/rexistro.aspx ou no teléfono 881 00 20 21 , segundo as últimas medidas adoptadas pola Xunta, pero pódense realizar con total normalidade. Deste tema e do pleno ordinario que hoxe celebra a corporación municipal falamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more12minPlay
July 30, 2020O Balonmán ante o inicio dunha temporada marcada pola COVID19Coñecemos coma afrontan os equipos de balonmán de Tui, A Guarda, O Rosal e O Porriño a nova temporada marcada pola COVID-19. Facémolo nunha reportaxe de Alba Rodríguez....more9minPlay
July 29, 2020Ent. Samuel Diz, dtor - Festival Música no Claustro 2020Este sábado comeza a décimo cuarta edición de Música no Claustro. Terá lugar até o venres 7 de agosto. Será unha semana repleta de música e cultura no claustro da Catedral de Tui. Esta nova edición estará marcada pola situación que estamos a vivir causada pola pandemia e onde a fonte de inspiración atópase no estandarte da confradia dos músicos da catedral. Este contén a imaxe bordada de San Roque, santo das epidemias. Así o explicaba Samuel Diz, director do festival....more12minPlay
July 28, 2020Ent. Javier Zafra, autor de “Sabores de Sefarad” - O libro gastronómico da rede de Xuderías de EspañaA rede de Xuderías de España da que Tui forma parte dende hai un ano vén de presentar o libro de gastronomía “Sabores de Sefarad”. Javier Zafra, cociñeiro e investigador é o autor deste libro dedicado á cociña tradicional sefardí. Con el coñecemos os detalles da obra....more16minPlay
July 28, 2020Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais de Tui -O Baixo Miño contará cunha unidade de atencion temperáA Mancomunidade do Baixo Miño contará cunha unidade de atención temperá na comarca. Estará emprazada en Tomiño e estará formada por tres profesionais dos campos da psicopedagoxía, psicoloxía e logopedia. Dará servizo ás familias de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal, que teñan menores de até 6 anos con dificultades de aprendizaxe. Así o explicou o concelleiro de Servizos sociais do Concello de Tui, Ismael Diz....more8minPlay
July 24, 2020Ent. Ramiro Gutiérrez, xefe de servizo do Consorcio - Chamamento a consumo responsableO Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Tui realizan cun chamamento a realizar un consumo responsable da auga en Tui logo de rexistrar nas últimas semanas un consumo elevado de auga, en parte debido ás altas temperaturas. Apelan a facer un uso resposable, e evitar o rego ou o enchido das piscinas. Ramiro Gutiérrez, xefe do servizo do Consorcio do Louro, explicaba esta mañá a situación....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,171 episodes available.