Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.
February 24, 2021Ent. Rocío Varela, directora CRA Mestra Clara Torres, e Lucía, nai dun alumno da aula de Pexegueiro - 24 de febreiroSobre a situación da aula de Pexegueiro falamos esta mañá con Rocío Varela, a directora do CRA Mestre Clara Torres. Necesitan conseguir dous alumnos máis para evitar que peche esta aula o ano que ven. Falamos tamén cunha nai dun alumno de Pexegueiro....more12minPlay
February 24, 2021Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca Municipal - Día de RosalíaAchegámonos á figura de Rosalía de Castro, e as actividades previstas en Tui con Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca Municipal....more4minPlay
February 23, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcade de Tui - Orzamentos, levantamento peche e obrasHoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos tras a aprobación no pleno de xaneiro dos orzamentos para este ano 2021 co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén valorou as novas medidas que entrarán en vigor este venres, e referiuse a distintos proxectos....more23minPlay
February 22, 2021Ent. Laureano Alonso, concelleiro de novas tecnoloxías - Fibra Óptica no rural de TuiO concelleiro de novas tecnoloxías, Laureano Alonso, adiantaba esta mañá no programa Día a Día, as zonas do Rural nas que xa está dispoñible e preparada a rede de fibra óptica. Os usuarios desas zonas xa poden contactar coas operadoras que ofrezcan este servizo na zona para contratalo....more7minPlay
February 19, 2021Ent. Gabriel e Sara, revista “ The Jungle Journal” - Revista de viaxes con selo tudenseGabriel, tudense, e Sara, nacida en Texas, é unha parella de Tui namorada da cultura e con ganas de descubrir mundo. Xuntos, tras unha longa viaxe por lationoamérica durante a pandemia, lanzaron “The Jungle Journal”, onde recollen historias persoais da xente autóctona dos lugares que visitaban....more17minPlay
February 17, 2021Ent. Ana Núñez, Concelleira de Comercio - Mañá xoves volve o mercadillo semanal de TuiA partir de mañá volverá a celebrarse o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. A concelleira de comercio, Ana Núñez, fixo hoxe un chamamento a prudencia e responsabilidade da poboación. Pediu colaboración a veciñanza no cumplimento das normas sanitarias establecidas....more5minPlay
February 17, 2021Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes - Reapertura das instalacións deportivas para o deporte federadoO concelleiro de deporte do Concello de Tui indicou esta mañá que xa contactou con todos os representantes dos clubes pola reapertura das instalacións deportivas para adestramento no deporte federado. Os vestiarios permanecerán polo momento pechados....more3minPlay
February 15, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 15 de febreiroO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou fai uns minutos que o Concello de Tui verase obrigado a acudir a xustiza se na comparencia de hoxe o presidente da Xunta anuncia o peche perimetral individual de Tui. Unha medida, asegurou, que non é efectiva se o resto dos concellos da contorna non van estar pechados tamén de xeito individual....more11minPlay
February 15, 202115022021 Carmen Núñez, voceira BNG - Orzamentos 2021Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui, considera que os orzamentos aprobados inicialmente en xaneiro como "decepcionantes xa que non hai ninguna medida de calado nin se buscou ninguna medida de consenso coas diferentes forzas políticas". Fai amais unha valoración negativa das partidas destinadas as parroquias ou ao transporte público, entre outros asuntos....more15minPlay
February 12, 2021Ent. Santiago Veloso, organizador Escolas nas Ondas - Día mundial da Radio nos colexiosPonte…nas ondas! convida ás escolas a participar no Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS www.escolasnasondas.com Emitiranse os programas e podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.