Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,196 episodes available.
March 15, 2019Pablo Costa e Santi Martínez, "Take it Easy"O grupo composto por Pablo Costa e Santi Martínez, Take ir Easy, presentounos na nosa sintonía o seu novo traballo....more26minPlay
March 14, 2019Ent. Patricia Rodríguez, Acubam e Sandra González, alcaldesa de Tomiño - XVI Mostra de Cultivos do Baixo MiñoMañá comeza a Mostra de cultivos do Baixo Miño no Pavillón de Goian coa intención de pór en valor o sector do agro da comarca traballando a partir de conceptos como sustentabilidade social e ambiental. Ás 12.15 h terá lugar a presentación da misión comercial inversa que se realizará no sur de Galicia e no norte de Portugal. O obxectivo é contribuír ao posicionamento sectorial traendo a potenciais compradores e clientes estranxeiros ao territorio para que coñezan de primeira man os produtos e servizos da contorna, buscando así novas oportunidades de negocio. Ademáis, haberá un workshop de oportunidades de formación e emprego no agro. O resto da fin de semana está pensada para o público en xeral con citas coma os dous showcooking co chef Iván Méndez ou os xogos e talleres para nenos cunha temática vinculada principalmente aos cultivos e á froita....more19minPlay
March 14, 2019Ent. Alberto Montes, Seminario Menor - Charla de Carlos MouriñoÁs 18 h no salón de actos do Seminario Carlos Mouriño, presidente do Celta falará sobre “A vocación ao Deporte” dentro das conferencias que organiza o Seminario Menor co gallo do seu 60 aniversario. Así nolo contou Alberto Montes Rajoy....more4minPlay
March 14, 2019Ent. Eduardo Fernández, de Biciosos - VIII Eurocidade BTT1.200 inscritos, o máximo establecido, hai na VIII Eurocidade BTT que se celebra este domingo organiza polo club Biciosos. Unha proba que partirá ás 9 h dende a piscina de Valença. O sparticipantes poderán optar polo percorrido longo de 77 quilómetros ou polo curto de 45. Percorrerán as rúas de Tui, Valença, pasarán pola vella Ponte Internacional, e subirán ao Monte Aloia e ao Monte Faro....more13minPlay
March 14, 2019Ent. Eduardo Rodríguez "Tatán", Tanxarina - Programación culturalO conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques....more8minPlay
March 13, 2019Ent. Manuel Pereira, presindete da Comunidade de Montes de Areas - Día da ÁrboreAs comunidades de montes veciñais en Man Común de Malvas, Pexegueiro, Randufe e Areas convidan a todos os nenos e nenas a deixar a súa pegada ecolóxica nunha plantación de frondosas no monte comunal de Areas. Será este sábado ás 16.00h en Malvesada. Ademáis, habera despois unha charla baixo o título “A tecnoloxía natural que coida de nós” a cargo de Manuel Domínguez Rey....more7minPlay
March 13, 2019Ent. Salvador Garcia, pte Axuda Paramos - Posta en liberdade de Francisco LameiroMalestar entre os afectados de Paramos pola posta en liberdade nas últimas horas de Francisco Lameiro propietario da pirotecnia La Gallega e do almacén ilegal que explotou o pasado 23 de maio no barrio da Torre. A xuíza decretou nas últimas horas a súa posta en liberdade provisional sen fianza, decisión que van recorrer os afectados....more7minPlay
March 13, 2019Ent. Alumnado do CEIP nº1 - Reforestación Plantación PoéticaO alumnado do CEIP nº1 de Tui vai celebrar este venres unha "Reforestación Poética" no monte de Areas a carón do Viveiro Forestal co que van celebrar tanto o Día Mundial dos Bosques coma o Día da Poesía. Darán lectura a un manifesto e a poemas, amais de contar cunha charla sobre cómo plantar unha árbore, que logo porán en práctica. Pecharán con música da man da Gramola Gominola. Hoxe nolo contaron Martín Rosada, Triana Castro, Iria González e Xavi Maquieira....more8minPlay
March 13, 2019Ent. Marina Carvalho, Montañeiros Celtas do Minho - Andainas Saudables da Eurocidade Trilho da LampreaEste sábado comeza o ciclo de andainas saudables da Eurocidade Tui- Valença. A primeira cita será o Trilho Sabores da Lamprea, cun percorrido de 6.5 km. A saída será ás 9.00h (hora portuguesa) da Igrexa San Pedro da Torre. Ó remate haberá unha degustación de lamprea. As prazas están xa completas....more4minPlay
March 13, 2019Ent. Santiago Pose, Xefe de Servizo do Centro de Saúde de Tui - Dimisión Xefes de Atención Primaria22 xefes de servizo de atención primaria presentan a súa dimisión definitiva. Dimitiron por primeira vez hai tres meses, pero o SERGAS non o aceptou e comezaron a manter conversacións a partir das que, o Sergas, asumiu o compromiso de preparar un novo modelo de atención primaria atendendo ás necesidades solicitadas polos médicos. Onte volveron a dimitir, nesta ocasión, de xeito irrevogable. Sobre este asunto falou hoxe na RMT o Doutor Santiago Pose, xefe de servizo do centro de saúde de Tui....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,196 episodes available.