E chegou Berta Franklin, co seu pop delicado e escuro. Desde Lugo, composta por cinco musicazos con bagaxe previa en varias bandas patrias, o grupo presentábase hai case unha década cunha amálgama de sons que tenta crear unha experiencia sensorial no oínte; un convite a descubrir un son propio e coidado que resulta da fusión de rock, soul, psicodelia ou new wave. Dous anos despois do seu último lanzamento, a banda lucense publica “Cinco” (2025), unha quinta referencia composta, tamén, por cinco cancións, producida por eles mesmos.
Voz experta: Moncho Lemos. Estreas cine: 'Confidencial (Black bag)' e 'El casoplón'