Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultura... more
FAQs about Diario cultural | Noite:How many episodes does Diario cultural | Noite have?The podcast currently has 338 episodes available.
February 28, 2024Diario cultural 28-02-2024"Hai unha comunidade artística moi potente que aínda non ten unha presenza nos espazos culturais á altura do que se vén facendo”. Sabela Mendoza coordina o ciclo sobre artes performativas De corpos presentes que abre nova edición na Coruña. Escoitamos a Claudio Rodríguez Fer, Cunqueiriano de Honra, e un fragmento do ensaio de Anxo Rabuñal ´O pintor e a vida moderna.Para lermos o Diario de Castelao`...more15minPlay
February 27, 2024Diario cultural 27-02-2024As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba', a meiga forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón....more15minPlay
February 26, 2024Diario cultural 26-02-2024"O Diario non tivo aínda os lectores que merecía". O investigador Anxo Rabuñal publica 'O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao'. O ensaio documenta a viaxe de estudos de Castelao por Europa e analiza a obra Diario 1921....more15minPlay
February 23, 2024Diario cultural 23-02-2024"Temos a tendencia a utilizar adxectivos de gran transcendencia pero todo iso hai que documentalo e apoialo en textos dela". Preséntase o volume 'Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos' que escolma os traballos de Pilar García Negro arredor da obra de Rosalía de Castro durante catro décadas....more15minPlay
February 22, 2024Diario cultural 22-02-2024A compañía Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro' que presenta nos escenarios galegos ao dramaturgo alemán vivo máis representado. "Roland Schimmelpfennig crea niveis de narratividade moi novos. Reinventa a posta en abismo", asegura a directora Ánxeles Cuña nunha entrevista neste podcast do Diario cultural....more15minPlay
February 21, 2024Diario cultural 21-02-2024A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'. É unha peza de teatro familiar sobre un texto de Lucía Aldao e María Lado. Neste Diario cultural conversamos con Marcos Orsi, director da montaxe....more15minPlay
February 20, 2024Diario cultural 20-02-2024"Gozamos dun momento moi bo creativamente, moi diverso e con moita xente nova". Os Premios María Casares de teatro presentan finalistas da edición que rexistra maior participación da súa historia. Falamos con Arantza Villar, presidenta da AAAG....more15minPlay
February 19, 2024Diario cultural 19-02-2024"Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos”. O escritor e músico Xurxo Souto reivindica o método Luísa Villalta e reúne no volume 'Somos un pobo de artistas', un conxunto de ensaios e artigos que subliñan a unidade entre a música e a poesía....more15minPlay
February 16, 2024Diario cultural 16-02-2024"A danza neste momento necesita un plan integral para saír adiante”. Branca Novoneyra é unha das organizadoras do ciclo 'Lecturas que danzan' que relaciona, na Biblioteca Ánxel Casal, as artes do movemento coa saúde, a filosofía ou o activismo....more15minPlay
February 15, 2024Diario cultural 15-02-2024Náufragos Teatro estrea Noso, unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio...more15minPlay
FAQs about Diario cultural | Noite:How many episodes does Diario cultural | Noite have?The podcast currently has 338 episodes available.