Neste 25 programa de Descifrando a Historia subimos o directo que se fixo con Manuel Gago o 6 de novembro. A conversa foi moi fructífera, falamos de divulgación, de historia local, de historia de Galicia, e contou curiosidades moi interesantes como que aínda pervive no imaxinario colectivo a presenza de romanos e os seus campamentos entre a poboación galega actual. Tamén como querían construír, os romanos, a actual cidade de Lugo noutro emparazamento diferente ao actual.