Dominio

Dominio

By Raquel Couto AnteloFictionComedy Fiction
Download on the App Store

Dominio episodes

  • Capítulo 20

    Este é o derradeiro capítulo da novela Dominio, e, non, desta tampouco vou poñer nin sequera un pequeno adianto do seu contido. O que si vou facer é agradecerche que escoitases os dezanove capítulos anteriores; ou que os vaias escoitar, neste caso, recomendo, tamén, descargar a novela, de balde, por se houbese a remota remotísima posiblidade de perderse: https://www.bubok.es/libros/8313/Dominio-Lendas-de-paixon-dun-dominio-perdido-e-atopado-por-un-Afgano

    24 min
  • Capítulo 19

    A Lideresa do Sector_a, Hotspot e o Yeti avanzan polos laberínticos corredores do edificio de Juan Flórez 80 ate unha sala, de súpeto escoitan un ruído na parede. Sasser confésalle a Miss Comtred como soubo que Espís Trin aparecera pola empresa. Catwoman fálalle ó metrosexual Doutor Zyxel 660 da súa orixe e dille que ten unha irmá.

    25 min
  • Capítulo 18

    O Malvado malvadísmo Doutor TCP/IP prepara, en solitario, o encontro perfecto con Cor, ó non darse reconciliado con Invisible, que aínda ten moi presente a xogada do seu, noutrora amigo. O Investigador e Catwoman chegan ó apartamento da estilosa Srta. New Look para atopar a Juindon e Poppy perplexas ca reacción de Siga ó ver de novo ó despistado Doutor Zyxel 650.

    26 min
  • Capítulo 17

    Hotspot achégase cada vez máis á escaleira asasina e comeza a percibir "cousas", o detective supersegredo do CSI estaba estreitando o cerco sobre o Malvado malvadísimo TCP/IP, sen que este se decatase de nada porque seguía concentrado nas súas investigacións para conquistar a Cor e Miss Comtred e Mr Llollovic achéganse ó ático de Espís Trin para achar máis pistas sobre a súa desaparición.

    19 min
  • Capítulo 16

    Por un lado profundizamos na vida máis persoal do Doutor TCP/IP, por outra a Lideresa do Sector_a (a nosa radical favorita) está en pleno rescate do tal Zilarte e de Hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) e por último, Pelusa, outro que tal baila,fai unha...

    20 min
  • Capítulo 15

    Por fin imos coñecer a escura motivación do malvado Doutor TCP/IP e, ademais, a Juindon, Poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), Anao (a nosa executiva agresiva favorita) e á estilosa Srta. Newlook case lles da un ataque cando lle escoitaron a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que lle pareciu oi-la voz de dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador super profesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro).

    21 min
  • Capítulo 14

    A lideresa do sector_a (a nosa radical favorita) diríxese ó enderezo que lle facilita Celia para rescatar a Crawford. Mentres o Investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) e Catwoman ían á carreira con Miss Comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con Adslpp o noso contacto en Beijing)e Mr. LLollovic cara o aeroporto de Alvedro.

    23 min
  • Capítulo 13

    Crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido)métese de cheo na investigación do caso da escaleira asasina sen decatarse de que Celia igual non sigue as súas instruccións. Ó tempo as nosas heroínas consiguen fuxir do Monstro das sete caras e Dinámico acaba, non se sabe como, dentro dun contenedor de Zara.

    20 min
  • Capítulo 12

    O investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) está a piques de vivir, neste episodio, case unha experiencia relixiosa ó descubir, por fin, quen é a misteriosa rubia do paso peonil, cando Crawford aparece, por fin, pola oficina.

    20 min
  • Capítulo 11

    As nosas heroínas non toman en serio ó Monstruo das sete caras pese a que Juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) lles insistía en que era supermegaperigosísisimo. Mentres, Dinámico, seguindo o proceso de investigación chega ó aeroporto de Alvedro para descubir que Mr. Llollovic está alí en lugar de dirixindo o seu imperio como lle encomendara.

    19 min

About Dominio

From the publisher's feed

Esta é a apaixoante historia dun Dominio en busca das súas orixes nunha viaxe trepidante na que contará ca axuda do investigador que era tan bo que todos dicían que era Lapolla, da estilosa Señorita…