A intelixencia artificial rexe unha gran parte de ámbitos da nosa vida cotiá e laboral pero aínda non hai unha lexislación que regule o seu uso. A Unión Europea aprobou en xuño o proxecto de lei sobre este tecnoloxía, co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía e dos usuarios. Pero... É realmente necesario? Abordamos esta cuestión no cuarto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Nesta ocasión contamos con Patricia Faraldo, doutora en Dereito da Universidade da Coruña.