Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICIPIT, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. X-Scape recibiu 10 millóns de euros do consello Europeo de Investigación.
Conversaremos con Felipe Criado (director do INCIPIT) e Luis Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant). Tamén asistiremos á realización dun dos seus experimentos con María Silva e Jina Zagui. www.efervesciencia.org
A nosa web oficial www.efervesciencia.org
En Bluesky @efervesciencia.org
Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes