(00:00:00) Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas
(00:00:25) Os ratos fan a RCP
(00:05:33) A primeira visita a xinecoloxía [Pingando]
(00:17:15) Febre do ouro das sambesugas con Damián Copena
(00:39:57) Deep me [Cambio de fase]
(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP.
(5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual.
(17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista "Medical History" sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico.
(39:57) A banda deseñada "Deep me" e "Deep it" fai un achegamento experimental á IA. Nolo comenta Daniel Pizarro na sección "Cambio de fase".