(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra. (28:51) Efeméride do 2 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:46) Guía do ceo de primavera con Xavier Pérez Couto. (37:13) O cometa 3I/Atlas é o terceiro obxecto interestelar que foi detectado visitando o noso sistema solar. Un equipo do CITIC da UDC, no que participou o noso colaborador Xabier Pérez Couto, empregou datos da misión Gaia para intentar reconstruir a traxectoria orixinal de Atlas no pasado. Os datos apuntan a que pode tratarse dun obxecto moi lonxevo, quizais tanto como a nosa galaxia. Cando conversamos con Xavier o traballo estaba en revisión, finalmente foi publicado en [Astrophysical Journal](https://ruc.udc.es/rest/api/core/bitstreams/278ea2cb-be53-40c2-96d4-86198a451cf2/content).
A nosa web oficial www.efervesciencia.org
En Bluesky @efervesciencia.org
Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes