(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que traslada o seu laboratorio desde Valladolid para investigar a quiralidade e a estrutura molecular mediante espectroscopía de rotación, unha técnica clave para comprender desde o deseño de fármacos ata a astroquímica. (33:41) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:19) A Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Aida Fernández Ríos como científica do ano. Fiz Fernández e Noelia Fajar do IIM-CSIC debullan a súa traxectoria, desde os seus inicios como técnica ata chegar a se converter nun referente internacional no estudo da acidificación oceánica e o cambio climático.
A nosa web oficial www.efervesciencia.org
En Bluesky @efervesciencia.org
Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes