Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

All Efervesciencia episodes

  • O apalpador das moléculas con Diego Peña
    En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de apalpar moléculas individuais.
    28 min
  • Efer 403 (25-6-17): A revolución de apalpar moléculas unha a unha
    En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de apalpar moléculas individuais.
    Os amigos da Comcept, Comunidade Escéptica Portuguesa, veñen de publicar "Não se deixe enganar". A escusa perfecta para parolar con Diana Barbosa, João Monteiro e o Martin Pawley sobre escepticismo. https://t.co/uZB2AQXh91
    As Moleculas en Galego de Javier Balea permíntennos tomar o sol sen riscos.
    Presentamos unha nova edición da "Noite Efervescente"
    58 min
  • Tolkien no arquivo da Catedral?
    Tres sortellas d’ouro, con suas
    pedras: a hua tem hua pedra
    coralina; et outra hua pedra que
    chaman çertim; et a outra huun
    roubí pequeno
    Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago, cunha inesperada referencia tolkiana incluída.
    9 min
  • Un tesouro de sementes, con Antonio de Ron
    O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais.
    41 min
  • Efer 402 (19-6-17): Unha tarde na Misión Biolóxica de Galicia
    "Adoitamos dicir que os inventos e os descubrimentos que cambiaron as nosas vidas dependen de máquinas complexas. Pero o feito é que se aínda estamos aquí [...] é grazas ós feixóns" Umberto Eco
    O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais.
    O sangue é a protagonista da segunda entrega de Moleculas en Galego con Javier Brea.
    Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago.
    59 min