Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Ciencia ao parlamento
    Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido.
    https://www.cienciaenelparlamento.org/
    @Cienciamento
    9 min
  • As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias?
    O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes.
    Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
    11 min
  • Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba
    A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.
    11 min
  • Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante
    O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
    A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal.
    As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes.
    Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
    58 min
  • Iluminación artificial contra os colonizadores da pedra
    As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?
    32 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.