Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • A langostilla, mellor no prato
    Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando literalmente pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min
  • Buda, a lúa e o sesgo de publicación
    Un estudio suízo en Current Biology amosa "por primeira vez a existencia dun ritmo lunar no sono". Na actualidade hai centos de traballos - con mostraxes moi pequenas - que falan dos beneficios do mindfullnes. Sen embargo, hai algo que non cadra...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    6 min
  • IBSEN simula o comportamento humano e ti podes participar
    Anxo Sánchez (Grupo de Sistemas Complexos da Carlos III) cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!
    O proxecto IBSEN H2020 pretende crear un simulador do comportamento humano.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Efer 357 (29-5-16): As células nai xa curan á túa mascota
    Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación.
    As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras.
    Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.
    Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sánchez cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • A maior cámara do mundo busca a materia escura desde Teruel
    Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    23 min
  • Carta ás estrelas, poema de Manuel Maria
    Carta ás estrelas de Manuel María na voz de Belén Regueira e con música do Juanjo Fernández Quinteto.

    Visto no blogue da Agrupación IO.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    3 min
  • De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema [Ciencia e Cinema]
    Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley.
    A primeira entrega ten este suxestivo título "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía". Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme "Barrabás" con eclipse incluída.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    13 min
  • Cociña con Ciencia con Pepe Solla e Graciela Ramilo
    Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla?

    Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade.
    E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    12 min
  • II andaiana pola esclerose múltiple [Axenda]
    Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    2 min
  • Novos e vellos virus con Carmen Rivas
    Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes?
    Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    24 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…