Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Os 4 novisimos da táboa períódica
    Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    13 min
  • Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea
    Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita?
    A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.
    Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.
    A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 1 min
  • Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas
    Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    8 min
  • Axenda feminista de científicas galegas
    Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    5 min
  • Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,...
    Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián.
    A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica?
    A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é alaranxada en vez de amarela, por que?
    Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    27 min
  • Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás
    A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas.
    Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.
    Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
    Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro.
    O catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • "Non toques os meus círculos" de Artello Teatro
    Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    3 min
  • Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana
    Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300 números.

    Entrar e saír da célula non é fácil. Cómpre atravesar a membrana celular, e para iso as substancias teñen que ter os papeis en regra. O complicado que polo de agora non sabemos moi ben en que consiste. Por exemplo, os péptidos poden ser moi útiles para transportar substancias no interior da célula. Sabemos sintetizalos pero non predicir se van ser quen de atravesar a membrana.

    Javier Montenegro investigador Ramón y Cajal do CIQUS vén de gañar un prestixiosa bolsa Starting Grant do European Research Council. Montenegro vai sintetizar novos péptidos coa fin de coñecer os diferentes patróns químicos que deben incorporar estas moléculas para poder penetrar na célula. A idea é empregar un modelo olfactivo para integrar todo o coñecemento que se adquira ao longo destes 5 anos cun 1,5 millóns de euros de financiamento. E deste xeito poder construír modelos predictivos que sabendo a estrutura dun péptido “cheiren” se van poder pasar o control de pasaportes de entrada á célula.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    23 min
  • Os segredos do programa de divulgación 'Éche así'
    Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro
    Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundación Ramón Domínguez fundaron a empresa de base tecnolóxica QuBioTech. Agora veñen de gañar o premio de transferencia tecnolóxica 2015 da Real Academia Galega de Ciencias co produto IQ-Brain que en nada entrará na súa fase de comercialización. Conversamos con Jesús Silva e Daniel Fernández, coordinador de I+D e xerente respectivamente de QuBioTech.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…