Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?
    (3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.
    (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.
    (42:43) A que sabe Luis Seone? O artista Fran Quiroga artella un ensaio arte-ciencia na Fundación Luis Soane coa participación da spin off da Universidade de Santiago TasteLab. Conversamos con Fran Quiroga e Andrés Martínez Sánchez de TasteLab.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]
    [Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    45 min
  • Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?
    (2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.
    (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Guía do ceo de primavera 2021 partindo de cero
    Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://tinyurl.com/guiaceoprimavera21

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    20 min
  • Efer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia
    (3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir
    (22:14) Recentemente apareceron titulares na prensa salientando o “estudo definitivo” da singularidade xenética do vascos. Sen contexto estás informacións levan a equívocos e falsos estereotipos. O artigo científico en cuestión foi publicado en Current Biology e o seu primeiro autor é o xenetista galego André Flores Bello, investigador de postdoutoremento no Instituo de Bioloxía Evolutiva CISC-UPF. O último asinante do paper é o investigador do mesmo centro David Comas. Con eles dous e coa nosa colaboradora Marta Vila debullamos o que ten de diferente na realidade a xenética dos vascos, e de paso tamén a dos galego.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes.
    [2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”.
    [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo rurALLURE H2020 de promoción dos museos rurais na contorna das rutas europeas de peregrinaxe.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Unha arma biolóxica na despensa. A historia das latas [Ciencia para andar por casa con @dabelbi]
    Unha lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    8 min
  • Efer 551 (18-3-21): A sismóloga estelar e o caldeireiro: Cazadores de planetas
    [3:15] Un lata de conservas chea de toxina botúlica ten un potencial letal que podería matar a un poboación de 6 millóns de habitantes. Este é un dos fascinantes datos que nos conta Bibiana García Visos en este “Ciencia para andar por casa” dedicado a las latas de convervas.
    [11:28] A astrosismóloga estelar galega Cristina Rodríguez López é investigadora do Instituto Astrofísico de Andalucia-CSIC, e forma parte do equipo que ven de descubrir un planeta en torno a estrela anana vermella Gliese 486, a 26 anos luz da terra. Segundo publican en Science, é posible que o planeta Gliese 486b presente atmosfera e poida ser analizada en breve.
    [40:03] Borja Tosar preséntanos a Ramón Naves, un astrónomo amador de alto nivel. Profesionalmente é caldeireiro, pero polas noites desenvolve con meticulosidade a súa afección de astrónomo. Desde o faiado da súa casa ten detectado tránsitos de exoplanetas sobre as súas estrelas. Algunhas das dúas observación teñen acabado como contribución en publicación académicas.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…