Compartimos dúas propostas da delegación diocesana de Familia para este mes de febreiro, que ven cargadiño de actividades. Dunha banda, a Candeloira, que celebraremos este domingo, coincidindo coa festa da Presentación do Señor. A outra, fai referencia á celebración da Semana do Matrimonio 2025, cunha axenda na que haberá una foliada con Xesús en Viveiro, un scape room en Ferrol e a tradicional cea romántica en Mondoñedo. Non a perdades!
Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 31.01.2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.