A moi pouquiñas horas da súa celebración, coñeceremos de primeira man todo o que vai ocorrer en Santiago no medio da xornada de formación do voluntariado da Pastoral Penitenciaria de Galicia, nesta ocasión baixo o título “Unha xustiza penitencia ao servizo da reinserción”. Con Nieves Espiñeira, a nosa delegada diocesana, falaremos desta cita, do seu significado e dos poñentes, entre os que sobresae a xuíza Manuela Carmena.
Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21.03.2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.