A diocese celebrará o Domingo da Palabra, o 21 de xaneiro, dunha maneira especial: na parroquia de Santa María de Vilalba, recibirá o ministerio do lectorado Darío Trujilo Valencia, seminarista da nosa diocese, no marco da misa dominical. O ministerio do lectorado é un servizo instituido dentro da Igrexa que ten como finalidade a proclamación da palabra de Deus nas asembleas litúrxicas. Ao recibir este ministerio, o candidato comprométese a coñecer, estudar, proclamar e vivir mellor a Palabra que ensina.
Programa "El Espejo de Mondoñedo-Ferrol" del viernes 19.01.2024. Magacine semanal de actualidad diocesana, dirigido y presentado por Baruk Domínguez a través de la Cadena COPE.