Co delegado da vicaría de Misión Misericordiosa e Samaritana de Mondoñedo-Ferrol, Gonzalo Varela, falamos da organización este sábado 30 de marzo a Festa da Misericordia, que terá lugar no seminario de Mondoñedo a partires das 10:30 horas.
Despois da acollida, terá lugar unha especie de "presentacións simultáneas" do tema da misericordia por parte de cada unha das sete delegación diocesanas que coordina esta vicaría: Cáritas, Mans Unidas, Migrantes, Misións, Mar, Saúde e Carretera. Cada unha delas tentará provocar nos asistentes a "necesidade de conversión e de misericordia".
Ás 12:00 horas terá lugar na Catedral-Basílica da Virxe da Asunción de Mondoñedo a celebración da misericordia de Deus -cun momento amplo para as confesións individuais-, que estará presidida polo bispo da diocese, D. Luis Ángel de las Heras. A xornada rematará cun xantar compartido.
Ademais, no contexto da Festa da Misericordia, terá lugar na capela de Santa Catalina do Seminario a celebración das «24 horas para o Señor». Estará o Santísimo exposto durante este tempo na capela para todas aquelas persoas que desexen compartir un momento de oración.
Programa 'El Espejo de Mondoñedo-Ferrol' del viernes 29.03.2019