Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Nos "Xoves dos Xoves", falamos dunha nova xornada de Acción na Noite, este sábado no Novo Mercado, zumba para a xuventude e das propostas de "Xuventude na Onda", esta fin de semana na Cidade da Cultura, espazo realizado por Ocionautas e os mozos e mozas do Centro Xuvenil A Estación, participa Laura Piso.