Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. No espazo de Ocionautas, "Os Xoves dos Xoves", coñecemos dúas propostas de actualidade realizadas polas persoas máis novas: o proxecto da asociación de Vilagarcía, Arousa Moza, para recaudar fondos para os refuxiados de Ucrania e por outro lado, Carles de Valencia, intenta axudar ós seus veciños, proporcionándolles productos de primeira necesidade, ten unha escola de parkour na capital do Turia.