Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, facemos turismo,...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. No espazo de Ocionautas, Os Xoves dos Xoves, falamos da nova edición de "Atacamos no Nadal", actividades realizadas polos moz@s do Centro Xuvenil A Estación. Nova colaboración de Natalia Arnoso Bouza, visitamos a parroquia de San Estevo de Remesar.