O skate park de Goián, en Tomiño, acollerá mañá sábado o Eruption Jam organizado polo OG Rippers no que agardan unha alta participación tanto de deportistas coma público. O programa comezará ás 11.30 h cun taller de skate e continuará con distintas propostas e xa a competición pola tarde. Non faltará tampouco a música.