Este venres terá lugar no Licuore, na zona vella de Tui, unha gala solidaria para axudar a recadar os fondos que precisa unha moza tudense, para operarse dunha enfermidade dexenerativa que sofre nos ollos denominada Queratocono. Está pensada para todos os públicos e a apertura de portas será ás 22 h. A entrada terá un prezo de 5€ que serán doados integramente a esta causa.