O Restaurante Silabario de Tui vén de recibir un sol da guía Repsol 2014. Esta distinción é concedido aos mellores restaurantes e cociñeiros coma símbolo de excelencia culinaria. Este galardón súmase á Estrela Michelín que ten tamén este restaurante tudense. O seu chef, Alberto González, amosábase moi satisfeito por este recoñecemento froito do traballo e esforzo realizado.