O 20% das vivendas de Tui, Tomiño e o Rosal superan os 300 becquerelios por metro cúbico de gas radón, o tope fixado pola normativa europea. Este gas, con gran presenza no noroeste peninsular, é o principal factor de risco do cáncer de pulmón despois do tabaco e o primeiro naquelas persoas que nunca fumaron.