Alejandro Dacuña “Cuñi” pon en marcha esta fin de semana a súa nova iniciativa solidaria, un proxecto que leva xa uns meses preparando e que consistirá en realizar o Camiño Francés até Santiago para despois contalo nun libro-diario.
O sábado desprazarase ata Roncesvalles, dende onde sairá o domingo coa intención de finalizar o camiño en 27 días. Despois traballará todo o verán nun texto que recolla as súas vivencias e co que recaudar fondos para un proxecto solidario.