O Tyde lanza hoxe a súa campaña de socios para unha temporada moi especial xa que este ano volven xogar en Preferente, 22 anos despois, e amais no 2026 o club celebra o seu centenario. Hoxe Alejandro Prado, do Tyde deu todos os detalles desta campaña.