Segunda xornada do Festival de Cans que onte comezou cunha homenaxe ao actor Celso Bugallo, unha das figuras máis queridas do audiovisual galego e moi vinculada ao certame.
A de hoxe será unha das xornadas máis singulares da edición, marcada pola celebración do Día das Novísimas e pola tradicional Noite das Veciñas e Veciños. Amais, o tudense Victor Aparicio, Víctor Coyote, é un dos homenaxeados este ano co chimpín de prata e cunha exposición que abriu o pasado sábado.
Coñecemos os detalles e a historia deste festival co seu director, Alfonso Pato.