Este domingo terá lugar no paseo fluvial o concerto solidario "Todos con Paramos" organizado polas bandas de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e a banda San Xoan de Paramos xunto cos alumnos do Conservatorio Profesional de música de Tui coa idea de, ademáis, doar todo o recadado a Asociación de afectados, levantar os ánimos dos seus veciños. A entrada custa 3 euros e haberá fila cero para quen queira comprar máis dunha. Están xa dispoñibles en distintos establecementos da localidade e poderán tamén mercarse no mesmo paseo fluvial o día do concerto. Haberá ademáis sorteos de agasallos doados por empresas que colaboran co evento. Acompañarán o concerto con pinchos e bebidas a partir das 7 da tarde no paseo fluvial.