En agosto de 2016 saiu ao mercado a empresa SomosOcéano formada por Ana Carpintero e o tudense Fran García. Hoxe presentáronnos a súa iniciativa empresarial na que apostaron por unha liña de moda sostible e cun compoñente sentimental galego. As camisetas Riquiñas, República Indenpendende as Illas Cías, son só algúns do modelos que teñen nunha oferta baseada no algodón e na que os calcetíns teñen un oco propio. Teñen tenda on-line pero tamén puntos de venda en distintos lugares de Galicia. Aquí en Tui en Porta da Pía e o Parador.