Hoxe publícanse no BOPPO as bases do programa Reactiva Tui, aínda que o prazo de presentación de solicitudes non comezará até que se publique o extracto das bases. Así o explicaba hoxe a concelleira de Comercio Ana Mª Núñez. Tamén deu conta do inminente lanzamento de É Tui, dos case 130 comercio que forman parte da Guía Comercial, da Oficina COVID19, e do mercado semanal dos xoves.