Apoiar ao comercio local na actual situación que estamos a vivir e ao tempo brindar a poboación información sobre os servizos con que conta nestes momento é o obxectivo da iniciativa posta en marcha pola Concellería de Comercio de Tui.
A súa responsable, Ana Mª Núñez, explica que van confeccionar unha listaxe co comercio aberto ou que presta o servizo de entrega a domicilio, para o que os interesados deben dirixirse ao 670 245 633 ou ao correo
[email protected].