A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicou hoxe as características da campaña ActivaTui. Hoxe comezou o prazo de adhesión para os establecementos a través do enlace dispoñible en tui.gal.Os consumidores deberán agardar até o 1 de febreiro para solicitar até 2 bonos de 10€ para consumir no comercio local en compras iguais ou superiores a 25€.