A cantante tomiñesa Andrea Pousa estreará o seu primeiro traballo como solista despois de 15 anos de carreira baixo o título “Respirar”. Será este xoves, 26 de outubro no Teatro A Fundación a partir das 21h cun repertorio que reúne temas en Galego, Castelán e Portugués.
Esta mañá tivemos ocasión de conversar con ela na Radio Municipal de Tui sobre este disco.