“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu propio municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Entrevistamos ao artista local, Andrés Lamas, autor desta guía visual que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.