En play-doc.com están xa a dispoñibles as entradas para as distintas actividades que dende este mércores e até o domingo se van celebrar dentro da programación de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui. Dende o mércores tamén se poderán adquirir no Teatro Municipal.
Ángel Sánchez, codirector do festival, recomendaba hoxe mercar de xeito anticipado as entradas para Cinema Percorrido e as proxección con música en directo na igrexa de San Domingos, polo limitado do aforo.
Amais repasou tamén as propostas formativas desta edición.