O cinema brasileiro está presente nesta viséxima edición de Play Doc a través da figura de León Hirszman, que foi un dos creadores do coñecido coma cinema novo brasileiro. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen deu conta das curtas de David Gladwell LADWELL, a restauración dunha película de Viola Stepahn e a proxección de “As armas e o povo”. Lembrou que están á venda de forma anticipada as entradas en play-doc.com.