A aprobación dos orzamentos de 2018 que sentan as bases para o traballo a realizar foi un dos puntos destacados do ano que levan no goberno municipal por Antonio Castro Negro, voceiro do PP. Así o expuña hoxe na nosa sintonía na rolda de conversas que neste mes de outubro estamos a manter cos distintos grupos políticos.
Abondaba entre os proxectos que figuran neses orzamentos na modificación da RPT, a elaboración dun Plan Director de Turismo ou a implantación dunha aplicación de participación cidadá, entre outros.