A Guarda vive a súa semana grande coas Festas do Monte, recoñecidas de Interese Turístico Galego. Dende o Concello da Guarda, tal e coma avanzaba o alcalde, Antonio Lomba, traballarán para lograr tamén a declaración a nivel nacional. O rexedor guardés convidou a achegarse esta fin de semana á Guarda.