A Consellería de Política Social construirá unha nova Escola Infantil na Guarda. Así llo trasladou onte a titular deste departamento, Fabiola García, ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, na reunión que mantiveron en San Caetano. A nova escola infantil que formará parte da rede da Galiña Azul contará con tres unidades e 41 prazas .
O alcalde da Guarda amosa a súa satisfacción por esta nova tan agardada na vila.